
Rutas
turísticas
Castros
Albares
Minas
Espeleoloxía
Devesa de Rogueira
Tunel de
Romeor
RUTAS TURÍSTICAS:
Ruta da Devesa de Rogueira:
Comeza na localidade de Moreda xunto a aula da natureza (ata onde chega o coche), un km. máis arriba xa estamos na devesa. O sendeiro é moi pendente, ata chegar á parte alta da Devesa (Fonte do Cervo) empregamos tres horas, onde podemos coller á esquerda: Formigueiros (arriba) ou saída a Campelo, e a dereita para sair da devesa ata un cruce de camiños que nos levará a: Mirador de Pico e Pía Páxaro (dereita), Lagoa de Lucenza (esquerda) ou a Parada e Ferreirós (abaixo).
Ruta Río Pequeno-Devesa de Paderne:
Comeza en Seoane e discorre polo camiño vello que vai a Meiraos, pasando por debaixo de Vilasibil e Miraz chegamos a Paderne (en duas horas) sempre na dirección do Río Pequeno. Logo en Paderne collemos o camiño da devesa e subimos ata o Alto da Escrita (1.460 m) noutras dúas horas. Para sair podemos coller a esquerda e abaixo para Mercurín e Seoane (3 h), esquerda e de frente a Seceda( 1h 30’), ou á dereita a Pedrafita (1h).
Ruta do Taro Blanco:
Saimos de Seoane en dirección a Meiraos (podemos ir en coche), dende aquí subimos polo monte da Cotela chegando ó desvío da Mina da Toca (2 km a pé). Seguindo a pista chegamos o Taro Blanco (10 km. dende Seoane). Si continuamos chegamos a Teixeira onde podemos sair para O Poio (20 km. dende Seoane).
Ruta Froxán-Paramedela:
Chegamos en coche ata Froxán onde saímos a pe pola estrada que segue ata o desvío a Castro Portela. Aquí seguimos polo sendeiro da dereita que nos levará entre soutos, sequeiros e logo piñeiros ata chegar a Paramedela despois de tres horas camiñando.
Ruta do Río Louzara:
Saimos da localidade de A Ponte de Valdomir (a 4 km. de Folgoso en dirección Vilamor) e collemos a dereita pasando pola Pendella e Touzón. Á beira do Río Louzara imos camiñando ata chegar a Lousadela (2h). En Lousadela podemos visitar unha antiga ferrería do s. XVIII, e seguir caminando 1h máis ata chegar a Seceda (aldea histórica rehabilitada). Podemos retornar ou sair polo Incio.
Ruta de Ferramulín:
Saimos en coche dende Seoane, pasamos polo Camping de Esperante (1 km) e subimos ata Mostaz, onde apartamos á dereita para Visuña. Pasamos polo Castelo do Carbedo, subimos ó alto do Couto por Campelo e baixamos a Visuña(15 km), seguimos 6 km máis ata Ferramulín onde visitamos o muíño, en 3 km seguindo a estrada podemos visitar a pincheira de Vieiros (á esquerda).
Ruta de Pía Páxaro:
Saimos de Folgoso polo cumio da vila andando polo camiño que colle pola ladeira da dereita ata que subimos á pista que enlaza O Alto do Boi co Alto do Couto (2h), collemos á esquerda para ir ó Mirador do Pico, retrocedemos e collemos novamente a esquerda para Pía Páxaro, Devesa de Rogueira, Lucenza e Formigueiros, e á dereita para o Alto do Boi.
Museo de Juan de Vilar: trátase dun museo de
antigüedades e obxetos típicos da labranza e usos tradicionais do Caurel. E un
museo particular que se pode ver na aldea de Vilar, situada no sur do
municipio.
OS CASTROS:
Castro de Vilar: encóntrase
a uns metros da localidade de Vilar (a 7 km de Folgoso), nel destacan as
murallas defensivas e os restos cerámicos.
Castro da Torre: está preto da localidade de Sobredo (a 7 km
de Folgoso), apartando polo camiño á dereita na estrada que vai a Sobredo, de
frente e logo á esquerda.
Castro de Miraz: está localizado antes de chegar ó pobo de
Miraz, destaca polos seus muros de gran altura e porque nel foron encontradas
numerosas sepulturas indicativas de que foi unha necrópole.
Castro de Torexe: está en
Visuña. No Catastro de Ensenada dícese que era o lugar onde se reunía a xustiza
ordinaria da comarca (Xuiz,Rexidor e Procurador).
Outros castros: Paderne, S. Estevo (Piñeira), Froxán, Parada,
Teso do Castro (Ferreirós de Arriba), Torre Cabreira (Monte Cido), Esperante,
Romeor, Fouciños (Sobredo), Mogoxe, Vilamor, Brío (Mercurín).
OS ALBARES:
Os albares son construccións de forma redondeada, cun diámetro en torno ós dez metros e unha altura de dous m. Teñen unha porta de entrada e empregábanse antigamente para defender as colmeas dos ataques dos osos (por iso os albares teñen na parte superior dos seus muros pedras pizarras que sobresaen, para impedir que os osos ralbaran o muro). Hoxe en día caeron en desuso debido á progresiva extinción do oso pardo na zona.
MINAS:
A riqueza mineira da zona foi explotada polos romanos mediante o emprego de sofisticadas técnicas de enxeñería consistentes en canalizacións de auga desviadas das fontes e regatos a través de presas, que posteriormente facían descender de xeito brusco para arrancar, arrastrar e lavar o mineral aurífero.
Mina da Toca:
Saimos dende Seoane en dirección Pedrafita, en cincocentos metros apartamos para Meiraos e 1,5 km máis arriba ascendemos pola pista do Taro Blanco durante 5 km para logo apartar á dereita 2 km andando, e cegamos á Mina da Toca, onde os romanos extraían ouro mediante canalizacións de auga (que aínda non se borraron) procedentes dos Montes do Taro Blanco. A mina actualmente presentase coma un impresionante corte na ladeira de gran profundidade.
Minas de Torubio e Millares:
Saimos de Seoane en
dirección Millares, e en 7 km. chegamos ás minas de Torubio entre Mostaz e Millares.
Moi próximas, baixo da localidade de Millares encontránse as Minas de Millares.
Ámbalas dúas extraían os minerais a ceo aberto con canalizacións de auga
procedentes do Túnel Romano de Romeor.
DEVESA DE ROGUEIRA:
A Devesa de Rogueira é o espacio natural máis importante da Serra de Caurel. Para chegar ó cumio da devesa (onde existe unha fonte de dúas augas ás que se atribuen propiedades curativas: dunha sae auga cristalina e doutra auga ferruxinosa) podemos acceder ben dende Moreda (por abaixo) ou ben por arriba dende Campelo. A Devesa é unha reserva natural, que se ben non conta con demasiada extensión xeográfica, cualitativamente si que ten moito interés, pois entre os setecentos e os mil trescentos metros de altitude que a enmarcan, discorren infinidade de regatos por un bosque enmarañado composto por multitude de especies florais e de fauna, onde o visitante non ten outra sensación que non sexa o misterio e o silencio, somentes interrumpido polo cantos dos paxaros, e os ruidos das follas secas e da auga nos carrozos.
ESPELEOLOXÍA:
Sima de Aradelas: está na localidade de Campelo (a 9 km de
Seoane). É a sima máis profunda de Galicia.
Cova de Tralacosta: está
situada en Paderne (9 km de Seoane), ten fascinantes salas subterráneas de
estalctitas e estalagmitas.
Cova da Ceza: está en Noceda (8 km de Seoane), ten 680 m
de lonxitude, a través dos cales discurre un regato de auga procedente dun lago
de 25 m de profundidade localizado no final.
Cova de Tralalastra: está en Mostaz, ten douscentos metros con
multitude de estalactitas e estalagmitas.
Cova do Eixo: encóntrase en
Mercurín.
Buraca das Choias: está en Visuña (a 15 km de Seoane). Situase á
dereita e arriba da estrada que vai a Ferramulín.
Cova do Oso: está na
localidade de Moreda, a 20 minutos andando.
Cova de Teixeira: está na localidade de
Teixeira, a 12 km de Seoane.
TUNEL DE ROMEOR:
É un túnel-acueducto situado na localidade de Romeor (9 km de Seoane) no monte Valiña. Foi construido no século II, está excavado na pedra e ten 50 m de lonxitude. Empregábase para conducir a auga ata as minas de Millares e Torubio para poder lavar o mineral aurífero.