|
O CONCELLO |

O Concello de Folgoso de Caurel está situado no sureste da provincia de
Lugo, ten unha extensión de 193 km2 (a pesares
de que isto só supón o 1% da superficie galega, podemos encotrar o 40% das
clases de plantas superiores da
Comunidade). O Concello de Caurel está composto por cadeas montañosas con
dirección NE-SO , entre as que discorren os seus numerosos ríos e corrozos dos
que o máis importante é o Río Lor que forma unha paisaxe vertixinosa de vales
estreitos e ladeiras verticais, coroadas por cumes como Pía Páxaro (1.616 m.),
Formigueiros (1.654 m.), Escrita (1.455 m.).
A confluencia do clima mediterráneo e eurosiberiano convirten o clima
oceánico da comarca nun clima de montaña, producíndose fortes diferencias de
temperatura do inverno ó verán. A alternancia do solo e o clima húmedo da
montaña permite unha rica variedade florística distribuida a escala altitudinal,
de tal xeito que nos cumes máis altos atopámonos con piornais e xesteiras, máis
abaixo aparecen bidueiros, faias, teixos, rebolas; e por debaixo dos mil metros
castaños, encinas, frutais, chopos, ... Todo isto mesturado cunha fauna
abundante de xabarín, lobos, corzos, raposos, xenetas, porco-espiño, lebres e
coellos, perdices, bufos e avelaionas, martas, armiños, ....
A poboación do Concello ascende a 1.310 habitantes que están
distribuidos en oito parroquias e corenta e seis pobos:
Vilamor (San Vicente):
O
Carballal, Froxán, Castro Portela, Vilar, A Campa, Vidallón, Mazo Santigoso e
Vilamor.
Folgoso (Santa Mariña):
Sobredo,
Ferreirós de Abaixo, Ferreirós de Arriba, Santa Eufemia, Eiriz, Valdomir, A
Pendella, O Touzón e Folgoso.
Seceda (San Silvestre):
Cortes,
Lousadela e Seceda.
Seoane (San Xoán):
Mercurín,
Ferrería Vella, Ferrería de Seoane, Moreda, Parada, Piñeira e Seoane.
Esperante (San Pedro):
Castro
de Romeor, Romeor, Mostaz, Millares, Esperante e Campelo.
Horreos (San Pedro):
Horreos
e Ferramulín.
Visuña: Visuña, Céramo.
Meiraos (Santa María):
Pedrafita,
Paderne, Miraz, Villasibil, O Mazo e Meiraos.
Noceda (San Pedro):
Noceda,
Vilela e Teixeira.
A capital do Concello é Folgoso,
situada na estrada Quiroga-Becerreá a 23 km. de Quiroga (N-120) e a 38 de
Pedrafita do Cebreiro (A-6). En Folgoso están as oficinas do Concello:
Rúa
Deputación s/n
27325 Folgoso
de Caurel (LUGO)
Tlfno/fax
982433001/982433052 (centralita para falar con tódolos servicios do Concello
–oficinas, alcalde, servicios sociais, secretaría, xulgado de paz-),
E-mail: concello.folgosodocourel@eidolocal.es
CIF: P
2701700 C
Antiguamente as oficinas municipais
estaban situadas en Seoane (localidade situada máis ó norte na estrada
Quiroga-Becerreá a 13 km. de Folgoso).
PERSOAL ADMINISTRACIÓN
v
Secretaria-Interventora: Mª Esperanza
Garmendia Núñez.
v
Auxiliar Administrativo: Mª Carmen Parada
Jato.
v
Técnico de Emprego e
Desenvolvemento: Jesús Aira Rodríguez.
v
Traballadora Social: Mª Gloria
Sanmartín Romero.
v
Secretario do Xulgado de
Paz: Vicente Sánchez Sánchez.
CORPORACIÓN MUNICIPAL
v
PSOE:
1.
José López Fontal: Alcalde-Presidente.
2.
Francisco Javier Castro Fernández: Tenente de Alcalde,
concelleiro de persoal e servicios municipais.
3.
José Rodríguez Arza.
4.
Aurora Fuentes Vila.
5.
José Luis Martínez Gancedo.
v
PP:
1. David Ferreiro Chousa.
2.
Manuel López Fuentes.
3.
Roberto Gundriz Sobredo.
v
BNG:
1.
Orlando Gregorio Álvarez Álvarez.