|
MONUMENTOS |


CASTELO
DO CARBEDO:
O
Castelo do Carbedo está situado máis arriba da localidade do Carbedo, para
chegar temos que segui-la estrada que vai dende Seoane a Campelo, e un pouquiño
antes de chegar a Campelo podemos observa-lo Castelo uns metros por debaixo da
estrada. Este Castelo, a pesares de que xa está en ruinas ofrécenos un aspecto
impresionante recordando tempos pasados nos que desempeñou a castrense misión
de defensa e vixianza do paso entre Lugo e León. Neste castelo estivo escondido
Alfonso II o Casto, cando o puxeron baixo a protección dos monxes de Samos para
protexelo da persecución do seu curmán Aurelio. Ó sur do Castelo, no monte Cido
foi encontrada una táboa de hospitalidade escrita en bronce no ano 28 da nosa
era, e unha aguia das que coroaban os estandartes das lexións romanas. Estas
dúas pezas de bronce está actualmente no museo de Lugo.
FERRERÍA DE SEOANE:
A ferrería de Seoane é unha das
mellores e máis conservadas factorías siderúrxicas tradicionais de Galicia. Foi
construida a comezos do século XIX (ano 1808) para a elaboración do ferro
procedente do Monte Formigueiros utilizando como fonte de enerxía as fortes
correntes de auga do Río Lor. Posteriormente foi transformada en serradeiro,
muiño e central hidroeléctrica, suministrando electricidade para todo Caurel.
Na súa arquitectura destacan as dúas torres do seu banzado que teñen unha
altura de dez metros desde onde se desploma a auga sobrante. Actualmente foi
restaurada por medio da Dirección Xeral de Turismo.
IGREXAS:
Meiraos: Santa María. Construcción do
século XVII na que destacan o cabildo da entrada e a riqueza interior dos
retablos.
Esperante:
San Pedro
Villamor:
San
Vicente
Seoane: San Xoán
Folgoso: Santa María
Noceda: San Pedro. Esta igrexa
caracterizase pola construcción de fortes muros e contrafortes, pórtico amplo e
cerrado, torre de tres corpos escalonada situada na cabeceira, e teitos moi
planos.
Seceda: San Silvestre. Construcción do
século XVII na que destacan un gran torre cadrada, o cabildo e os retablos
barrocos.
Visuña: Santa Eufemia
Hórreos: San Pedro
CAPELAS:
Vilasibil,
Paderne, Miraz, Vilela, Teixeira, Vilar, Vidallón, Froxán, A Campa, Castro
Portela, Piñeira, Parada, Moreda, Ferreirós, Mercurín, Sobredo, Ferramulín,
Santa Eufemia, Eiriz, A Pendella, Romeor.