Visitas obrigadas

Páxina de contido

Aula da natureza

 

Comer e dormir, gastronomía
 

 

 

 

 


*  COMER E DORMIR:

 

    O longo do concello nas distintas casas de turismo rural, e nas casas de comidas e hospedaxes que detallamos de seguido, pódense degustar pratos típicos da zona, e disfrutar de aloxamentos confortables:

 

* Casa Ferreiro. Seoane de Caurel. Tlfno. 982 433065.

* Casa Valín. Seoane de Caurel. Tlfno. 982 155388.

* Casa de Comidas Anduriña. Seoane de Caurel. Tlfno. 982 433066.

* R.H. A Fontiña. Seoane de Caurel. Tlfno. 982 433106.

* Bar Pombo.  Seoane de Caurel. Tlfno. 982 433037

* Bar “Os Eidos”. Ferrería de Seoane.

* Bar Gloria. Seoane. Tlfno. 982 433051

* Bar-Pub Hydra. Seoane. Tlfno. 982 433081

* Camping “O Caurel”. Esperante. Tlfno. 982 433101.

* Casa Rodrigo. Paderne. Tlfno. 982 185110.

* Casiña da Devesa de Rogueira. Moreda. Tlfno. 982 155623.

* Bar-Terraza “O Pontón”.  Ferreirós de Abaixo. Tlfno. 982 165218.

* Casa Calellón. Seceda. Tlfno. 982 185409.

* Fonda Novo. Folgoso de Caurel. Tlfno. 982 433001.

* Fonda Constantino. Folgoso de Caurel. 982 433005.

* Hostal “O Mirador”. Folgoso de Caurel. 982 433064.

* Mesón Catuxo. Valdomir. Tlfno. 982 165213.

* Casa Dosinda. Vilamor. Tlfno. 982 155618.

* Casa Comerciante. Vilamor. Tlfno. 982 155618.

* Casa Carlos. Vilamor. Tlfno. 982 155618.

 

*  GASTRONOMIA:

 

    A gastronomía das terras de Caurel é moi rica e variada, pero, ó mesmo tempo é sinxela e natural, tanto nas casas de turismo rural coma nos restaurantes, e nas casas particulares podemos encontrar todo o relacionado con derivados do porco (chourizo, xamón, salchichón, lacón, touciño,...), excelentes carnes de gando vacún, cabrito, cordeiro, caza maior (xabarín e corzo). Tamén destacan a excelente calidade das verduras (os grelos, as berzas) e do pan feito con trigo colleitado nas eiras da zona.

     Na época de outono todo se pode comer con castañas dos soutos de Caurel, que ainda que teñan un tamaño máis pequeno que as que se poden encontrar noutras zonas, o seu sabor é moi superior. Pódense comer cocidas ou asadas no tradicional magosto que anualmente se celebra no mes de Novembro (alternativamente en Seoane-nos anos impares- e Folgoso-nos anos pares-).

    Os postres de Caurel tamén se derivan dos productos naturais do concello, tales coma as filloas con mel, e o roscón (faise con fariña de trigo e ovos de galiñas da casa), o que lle da un sabor moi especial. Tamén son moi importantes os postres derivados da castaña como a torta de castaña.